Créditos
Contratación
Suxestions
Cómo Usar
Contactar
 Qui sommes
Quen Somos
Que é Infotrans
Avances técnicos
Dossier Corporativo
Persoal
 Servizos
Tarifas Multimedias
Banners Directos
Publicidade PDF
Deseño Web
Informes Loxísticos
Mapas Loxísticos
Investimento Loxístico
Notas de Prensa
Traballe con Nós
Estrategia
Prospectiva Online
Marketing Online
Portais Temáticos
Portais de Apoio
Portais Rexionais
Plataformas Loxísticas
Estratéxia
Enlaces 5 Continentes
 Alianzas
España
Portugal
Resto do mundo
Ayudas
 

A globalización das economías desembocou na era das novas tecnoloxías da comunicación e a xestión a través de Internet. Á súa vez, a información de carácter profesional esixe a máxima especialización, o que deu paso en Internet aos portais verticais ou especializados nos distintos campos da industria e os servizos.

O mundo do transporte, as viaxes, o turismo e a loxística á súa vez con máis de 50.000 empresas interactuando soamente na Península Ibérica, á súa vez, hai que subdividilo en modalidades, perfis e zonas de demandas por parte dos usuarios. A filosofía que se impulsa dende INFOTRANS é: globalización, especialización, integralidade e interactividade.

Non é casualidade que os portais xeneralistas punto.es ou punto.com, de carácter horizontal cada día vaian perdendo forza sobre todo en contidos profesionais ante o avance inexorable de INFOTRANS como Plataforma Multimedia do transporte, a loxística, e o turismo mediante tres canles simultáneas (Internet, CD-ROM e Logisdata).

Infotrans, durante os últimos 12 anos, ante o avance das novas tecnoloxías, creou o que se podería denominar un “macroportal” ou plataforma operativa, para o desenvolvemento da loxística empresarial na industria e o comercio. Defínese como unha “Plataforma Multimodal de empresas, servizos, comercio B2B do transporte, a loxística e o turismo en Internet”, na cal se atopan inscritas máis de 50.000 empresas de España, Portugal e Andorra relacionadas coas distintas actividades e/ou modalidades das diferentes áreas xeográficas.

Na plataforma Transportes.com Multimedia atópanse máis de 14.000 webs enlazadas e máis de 30.000 correos electrónicos activados, o cal permite unha xestión interactiva entre empresas libre e gratuíta, e sen sorpresas de non atopar o que se busca, xa que toda a plataforma contén máis do 95% do sector.

Liens Sponsorisés
Outras webs do grupo Infotrans
  Aviso Legal Empresa Contactar Links News Portal operado por Infotrans, S.L.      www.infotrans.es