Infotrans obtivo a súa certificación ISO 9001, sendo por tanto a primeira empresa en novas tecnoloxías da información do transporte e a loxística en obter certificación de calidade en Europa.

Infotrans non soamente é propietaria da súa marca comercial societaria, senón da patente de marca e dominios en Internet de todos os seus portais, tendo obtido igualmente a marca comunitaria de “INFOTRANS”.

Infotrans ten previsto como último desenvolvemento do proxecto total, dotar dunha estrutura lingüística para o seu entendemento en todo o mundo, nos idiomas Español, Portugués, Inglés e Francés, ademais dos idiomas rexionais españois (Catalán, Éuscaro, Galego e Valenciano).

Infotrans, a través de cada un dos portais existe un acceso “InfotransWorld” que nos permite entrar en calquera país do mundo con enlace aos principais portais de transporte e loxística de cada país, ademais de empresas individualmente situadas no mesmo.

Infotrans está formado por un equipo de cualificados profesionais ao seu servizo, encargados do proceso creativo, executivo, administrativo, de planificación, de investigación e control, adaptados ás necesidades de cada un dos nosos clientes, que confían en nos como plataforma de lanzamento e/ou posicionamento da imaxe da súa empresa en aplicación do primeiro sistema de mercadotecnia multimedia (Internet + CD-ROM+ Logisdata)

Infotrans permite unha xestión interactiva entre empresas libre e gratuíta, e sen sorpresas de non atopar o que se busca, xa que toda a plataforma contén máis do 95% do sector (50.000 empresas de España, Portugal e Andorra).